8/2/08

Regresa o Rei do Pop á escea musical

12 de febreiro de 2008. Quédate con esta data porque será a partir dese mesmo día cando poderás gozar dun álbum repleto de cancións que te van trasladar a outra dimensión...Co motivo da celebración do 25º aniversario do disco máis vendido da historia publícase unha edición especial baixo a denominación de "Thriller: 25º Anniversary Edition" que engade 7 bonus track, vídeos e unha actuación en directo de MICHAEL JACKSON.

6/2/08

Entrevistamos a "La Caja de Pandora"

Despois de case 2 anos da publicación do seu anterior álbum "Acuérdate bien de mi cara" LA CAJA DE PANDORA preséntanos o seu novo disco "No perder el norte" que saiu á venda o pasado 29 de xaneiro. Como carta de presentación "El jardín de los idiotas", un tema moi optimista a través do cal volven ás súas orixes.

Non te perdas a entrevista que terá lugar o próximo 10 de febreiro de 2008 en O DOMINGAZO ás 17:15h.

3/2/08

Entrevistamos a "Rodia"

Na primeira hora do noso programa "O domingazo", puidemos entrevistar ao grupo RODIA. Desde Santiago, Andrés e Natxo falaronnos sobre o seu grupo e a sua visión da música. Desde Formula Hit Galicia presentamosvos o seu tema "Debaixo do ceo" e animamosvos a que participedes na enquisa aberta durante este mes.

O próximo sábado 9 de febreiro poderás atopalos no pub A Conga (Santiago de Compostela) onde ofrecerán un concerto para os seus incondicionais. Para saber máis, accede ao blog de Rodia:

  • http://rodiamusic.bogspot.com