29/4/08

Visitamos á tenda de discos

Hoxe é o día perfecto para darse unha volta pola tenda de discos. Ademais do xa comentado disco de Madonna - "Hard Candy" , saen ó mercado álbumes para tódolos gustos:

*Maná preséntanos o seu novo traballo "Arde el cielo" co single "Si no te hubieras ido". Os mexicanos demostran unha vez máis o seu estilo á hora de facer música.

*David Civera achéganos un pouco máis ó verán coa rumba que nos ofrece en "Para vivir contigo", dándolle título a este primeiro single e ó mesmo tempo ó seu sétimo traballo discográfico.

*Rosario recupera as cancións que marcaron a súa vida en "Parte de mi". A artista dalle ó bolero "Algo contigo" o seu toque flamenco.

Tamén podes descubrir (ou recuperar da memoria) ...
*Un quinteto londiniense que leva por nome The feeling. No seu segundo disco, Join with us ofrécennos como primeiro single o tema "I Thought It Was Over"

*O particular son de Sarah McLachlan no seu traballo "Rarities, B-Sides and Other Stuff" (Volume 2), no que entre outras cousas se inlúen duetos con Cindy Lauper, Bryan Adams ou un remix con DJ Tiësto.

26/4/08

A tenda de caramelos de Madonna



A raiña do pop lanza o seu novo disco "Hard Candy" o próximo martes 29 de abril. O undécimo disco de estudo da cantante trae sabor a pop urbano e ó dance das pistas de baile.

No primeiro single que leva por título “4 minutes”, a artista corre contra o tempo xunto con Justin Timberlake e Timbaland. Ese é o tempo que teñen para salvar o mundo («we only got four minutes to save the world»), mentres un reloxo marca a conta atrás.

Madonna ten previsto dar tres miniconcertos reservados a un público coidadosamente seleccionado: o 30 de abril en Nueva York, o 6 de maio en París e o 11 dese mesmo mes en Londres, antes de empezar una gira mundial.

23/4/08

Logo de sete anos de silencio discográfico, a diva do pop español volve ao nº1 coa canción Europa, primeiro single do seu novo álbum Tarántula




Hoxe mércores 23 de abril a partir das 18:30 hrs no Corte Inglés de Princesa e mañá xoves 24 de abril á mesma hora no Corte Inglés Puerta del Angel en Barcelona; MÓNICA NARANJO reencontrarase co seu público logo de moitos anos e asinará o seu novo disco "Tarántula", Disco de Ouro no seu primeiro día de lanzamento. Este traballo é o reflexo dunha loita cara á liberdade de expresión e de interpretación. Son as palabras de Mónica Naranjo acerca do seu novo álbum, "Tarántula", que se publica logo de sete anos sen lanzar novas cancións. Cunha produción dirixida por Cristóbal Sansano e realizada polos escoceses Chris Gordon e Dave McClean, todas as cancións do disco están compostas por Mónica e José Manuel Navarro, un tándem que conseguiu todos os grandes éxitos da artista de Figueras (Xirona).

21/4/08

O novo single de Manolo García...

MANOLO GARCÍA lanza a canción "No estés triste" como primeiro single de Saldremos a la lluvia, o seu cuarto álbum de estudo que se publica o próximo 13 de maio!

Cantas con el?:




17/4/08

Premio "Micrófonos de Ouro 2008"

A Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España acaba de premiar a Estopa, Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina cos Micrófonos de Ouro 2008 na VI edición destes galardóns. Estes premios entregaranse o próximo 19 de abril en Ponferrada (León) nun acto presentado por Luís del Olmo e María Teresa Campos e no que Estopa interpretará unha canción.

9/4/08

Leo Segarra regresa por todo o alto...




LEO SEGARRA, finalista da última edición de Operación Triunfo, xa ten listo o seu segundo disco de estudo, que se chamará Cambio de sentido. O primeiro single deste novo traballo xa foi estreado xunto ao seu videoclip, un marchoso tema titulado "Baila sin mi". Tras a acollida do seu primeiro álbum de estudo, Iniciando sesión e o seu single "Me pones a 100", que lle valeron un top5 nas listas de vendas españolas, o cantante valenciano prepara o seu regreso ao grande.