11/5/09

The Alesha Show


Un mambo que de seguro nos fará bailar todo o verán é o que nos ofrece Alesha Dixon coma carta de presentación en España. Despois de formar parte do trío ingles Mis-Teeq , e gañar un concurso de baile no seu país entre outras moitas facetas, Alesha sube ao escenario para amosarnos o seu “The Alesha Show” no que o primeiro single “The boy does nothing” terá moito que dicir.

O segredo do album está nunha mestura de estilos musicais, que incluen desde o R&B ata temas pop ou baladas clásicas. Ábrese o telón e comeza o espectáculo ...

Por AQUÍ vaise a ver o video musical


***

14/4/09

La suerte de mi vida - ECDL


El Canto del Loco chega novamente para presentarnos o seu próximo tema "La suerte de mi vida", dentro do seu disco Personas. O videoclip, foi rodado entre Nova York e Madrid, contando coa colaboración do actor Álex González e a presentadora de televisión Beatríz Montañes.

"La suerte de mi vida" é unha canción a medio tempo cun marcado son a guitarras, pero que por outro lado forma parte do repertorio romántico deste quinto disco dos madrileños. O lanzamento do nuevo single coincide co anuncio das primeras datas para a xira "Hasta Luego Tour 2009", que comezará o 25 de abril por diversas cidades da nosa xeografía e para a que xa están a venda as entradas

Por aquí, vaise á Web de El Canto del Loco

***

12/4/09

"La Perla", novo sinxelo para Calle 13

CALLE 13, coa colaboración de Rubén Blades, lanza a canción "La Perla", como segundo sinxelo do sue novo álbum "Los de atrás vienen conmigo".

Por encima de todo, "La Perla" é unha canción cunha letra emocionante na que a conxunción entre Calle 13 e Rubén, alcanza un nivel difícil de superar no hip hop latino.

29/3/09

Maikel de la Riva disco homónimo moi pronto!


O ex cantante de "El Hombre del Gancho" debuta como solista cun disco no que colaboran Leiva (Pereza), Dani Martín (El Canto del Loco) e Lichis (La Cabra Mecánica).

Maikel de la Riva publica o seu primeiro álbum en solitario o próximo 28 de abril coa canción "Mentira" como primeiro sinxelo.

7/3/09

Unha nova ilusión para Alex Ubago

Sen dúbida, a nova ilusión para Alex Ubago é "Calle Ilusión". El defíneo como un disco persoal, melódico e positivo.Será xa o seu cuarto álbum e incluirá os seguintes temas:

1.Amarrado a ti
2.Me arrepiento
3.Amsterdam
4.20 horas de nada
5.Calle ilusión
6.Ciudad desierta
7.No estás sola
8.Demasiado amor
9.Mil horas
10.Cerca de mí
11.Como si fuera el último
12.Walking away - con Craig David

Á venda o 10 de marzo.

24/2/09

BSO de Oscar - Slumdog Millionaire

A gran triunfadora desta edición dos Oscar 2009 foi a película británica rodada íntegramente na India "Slumdog Millionaire". Entre os oito premios que acadou, e como non podía ser menos, tamén foi galardoada co premio á "Mellor Banda Sonora".

O seu compositor, o hindu A. R.Rahman, quixo mesturar "a India moderna coa vella India" para introducirnos nesta historia que nos leva aos suburbios de Mumbai. Esta banda sonora é un conxunto de ritmos co estilo disco dos anos setenta e cun inconfundible toque hindú.

Tamén o tema Jai Ho, pertencente á banda sonora do filme, levou o Oscar á "Mellor canción orixinal" . A continuación, podes escoitar unha pincelada deste tema:

19/2/09

Macaco - Música con mensaxe


National Geographic Channel e o selo discográfico EMI uníronse a través da música para convidarnos a actuar pola conservación do noso planeta.

A mensaxe en favor da natureza, chéganos a través do video para a canción "Moving". Macaco preséntanos así o que vai ser o primeiro single para o seu novo álbum: Puerto Presente.

Trátase do quinto álbum da banda multicultural de Barcelona e neste novo videoclip participan coñecidos artistas do cine e a música como Javier Bardem, Rosario Flores, Javier Cámara, Juanes, Juan Luis Guerra, Carlinhos Brown, Orishas, Antonio Carmona, Pitingo, Mari (a do grupo Chambao) e Bebe.

Non é a primeira vez que Macaco trata de concienciarnos coa súa música para a preservación dos nosos recursos naturais e o coidado do planeta, e así lembramos tamén o seu tema “Madre Tierra”. A música non é só un conxunto de notas e a de Macaco é sen dúbida música con mensaxe!

***

3/2/09

As mellores cancións de Josh Groban a punto de caramelo!

"A Collection" é unha selección dos mellores temas de Josh Groban e sae á venda hoxe mesmo!

Con máis de 25 millóns de copias vendidas en todo o mundo o barítono converteuse nun fenómeno mundial.

Neste dobre CD inclúense os sinxelos "To You Are" do seu álbum debut publicado en 2001, "You Raise Me Up" do álbum Closer de 2003, "February Song" e "You Are Loved (don ' t Give Up)" de Awake editado en 2006 así como dous temas en directo non editados anteriormente e cinco dos temas do álbum que editou no nadal de 2007 "Noel" co que conseguiu o record de vendas dese ano en USA.

29/1/09

This is the Life -Amy Macdonald


Se nos acompañas, imos viaxar ata Escocia... Alí coñeceremos unha nova cantautora: nova, porque aínda está empezando e nova, pola idade que ten.

Chámase Amy Macdonald e acompañada da súa guitarra, cun lixeiro toque country, preséntanos o seu single "This is the life", dándolle ó mesmo tempo un nome ó seu disco debut.

Para saber máis e escoitar os seus temas, bótalle unha ollada á páxina web de Amy Macdonald

***

20/1/09

Just Dance - Lady GaGa


Para sacudirnos o frío do inverno, saltamos as pistas de baile con Lady GaGa. A artista americana, publicou a finais do ano pasado o seu album debut "The Fame", que chegará a España a partir do próximo mes de febreiro. Con este traballo anímanos en primeiro lugar a bailar co seu single "Just Dance".

Este tema recibiu unha nominación na 51 edición dos premios Grammy como 'Mellor Grabación Dance do Año', competindo na mesma categoría contra artistas coma Daft Punk, Rihanna ou Madonna. O día 9 de febreiro deste 2009 coñeceremos o resultado, pero ata entón que non pare a música!

***

16/1/09

Bruce Springsteen. Moi pronto novo álbum!

Working on a dream (Traballando nun soño) é o álbum de 2009 de Bruce Springsteen. O tema que achega o título ao disco estreouse en directo durante a campaña pola presidencia de Estados Unidos de Barack Obama a finais de 2008. É o sinxelo presentación. Gravado coa E Street Band, inclúe 12 cancións novas ademais de 1 bonus track.
Este álbum tan esperado polos/as fans do cantante de New Jersey sairá á venda o próximo 27 de xaneiro.

8/1/09

Amaia Montero bate récords

Desde que se publicou o seu primeiro álbum en solitario hai seis semanas, Amaia Montero vive momentos doces. Tras entrar directamente ao nº1, permanece entre os tres primeiros da lista dos máis vendidos en España e está a piques de conseguir o dobre Disco de Platino. Nas descargas de cancións e tons orixinais tamén alcanzou o Platino coa canción "Quiero ser", que ademais bateu todas as marcas de permanencia no nº1 nas listas de radio (13 semanas), televisión e vídeo. Un debut de éxito contundente que Amaia Montero quere trasladar a América, onde viaxará do 25 de xaneiro ao 15 de febreiro para apoiar o lanzamento do seu álbum en Estados Unidos e México.