28/3/08

“BATUKA LATIN NEW GENERATION”

Logo de vender máis de 1 millón de copias cos seus anteriores volumes, "BATUKA LATIN NEW GENERATION" regresa con enerxías renovadas para facer gozar das novas rutinas e movementos aos numerosísimos seguidores que hai en España deste método que combina ximnasia, baile e diversión.

Despois do seu descubrimento en setembro de 2005, Batuka converteuse en todo un fenómeno de masas."BATUKA LATIN NEW GENERATION", na súa constante procura por ofrecer propostas sempre actuais e efectivas de música, baile e ximnasia aeróbica, presenta esta nova proposta cun repertorio que regresa ao corazón da música latina con coreografías para todos os públicos.

Quedamos a espera de ver próximamente unha nova edición do programa Operación Triunfo, onde comezamos a coñecer esta modalidade de música e baile...

6/3/08

Bustamante inicia xira promocional por America



Este ano 2008 a carreira artística a nivel internacional de Bustamante vai dar un salto de grandes dimensións. Esta afirmación volvese cada vez máis sólida co lanzamento do seu álbum "Al filo de la irrealidad" en México, Centroamérica, Ecuador (territorios onde xa está á venda desde esta mesma semana). En paises coma Venezuela, Colombia, Perú, Arxentina, Chile o disco sairá á venda nos próximos días; mentres que en Estados Unidos e Porto Rico, o álbum de Bustamante verá a luz en abril.

O lanzamento de "Al filo de la irrealidad" en Latinoamérica e Estados Unidos coincide co inicio da primeira fase da xira promocional de Bustamante en América. Este mesmo domingo 9 de marzo, o artista español voa rumbo a México.