30/9/08

Novo album dos finlandeses "The Rasmus"


Os finlandeses The Rasmus sacan á venda o que será o seu sétimo álbum no mercado: Black roses. Este ramo de Rosas negras esta formado por un total de 11 novos temas.

Grabado entre Helsinki e Nashville, o novo disco empezou a tomar forma nalgunha parte das illas gregas. Agora o grupo preséntanos o seu primeiro single "Living in the world without you", sempre con ese son enérxico que os caracteriza.

***

11/9/08

Rosario nos Grammy Latinos

Nunha rolda de prensa celebrada na cidade norteamericana de Os Ánxeles acábase de coñecer que entre as nominacions finais da 9ª edición para os Latin Grammy Awards está a cantante española Rosario. Co seu último disco “Parte de mí” conseguiu ser nominada na categoría a Mellor Álbum Vocal de Pop Feminino competindo cos traballos doutras artistas entre as que se atopan Ana Gabriel ou Alejandra Guzmán, entre outras.

A Gala de entrega destes premios GRAMMY Latino terá lugar o próximo 13 de novembro no Toyota Center da cidade de Houston. Alí coñeceránse os gañadores das diferentes categorías destes premios da música.

***

2/9/08

Calle 13 regresan con máis hip hop!

O dúo portorriqueño de hip-hop, referencia da cultura popular actual, lanza o seu terceiro disco centrado nas persoas ás que unha sociedade de privilexiados marxinou e deixou atrás. A revolución musical latina de Calle 13 continúa co seu terceiro álbum Los de atrás vienen conmigo, que se publica o 7 de outubro de 2008.