28/6/08

Banghra - A bailar!

Así se chama o novo disco de Banghra: A bailar!

Neste segundo album do grupo que tanto nos fixera bailar co tema "My own way", atoparás novamente ese toque de musica hindú e coreografias que ti mesmo poderás bailar. Para facer os arranxos musicais empregaron instrumentos tradicionais da India e en todos os temas destaca a presenza do sonido dun gong que marca o inicio de cada unha das coreografías.

O primeiro single para presentar este novo traballo, chámase "Una especie en extinción" e por aqui vaise a ver o video


***

10/6/08

Chambao continúa a súa xira por España


Mentres presenta a canción "Duende del Sur" como novo single do seu álbum Con otro aire, CHAMBAO continúa a súa xira 2008, unha das máis apertadas do ano.
-------------------Esta xira comezou o pasado 9 de febreiro e, tras unha primeira etapa en España, trasladouse a América para presentar as súas novas cancións en Bos Aires, Santiago de Chile, Caracas, México DF, Aguascalientes, San Juan de Porto Rico e Miami. Despois, e tras gañar o Premio da Música ao Mellor Álbum de Fusión (Con otro aire) e encher o Palacio de Deportes de Madrid o 11 de abril, Chambao continúa a súa xira. Entre as numerosas datas confirmadas atopámonos cunha visita a terras galegas que terá lugar en breve: O 8 de Agosto estarán na Coruña, concretamente na Praza de María Pita.

3/6/08

MELOCOS: unha curta pero intensa carreira musical

Melocos continúa a súa escalada na lista oficial dos álbums máis vendidos en España. É unha subida pasiño a pasiño, apoiada pola súa longa xira de concertos en directo e cunha presenza nos medios cada vez maior. Así, o xoves, 29 de maio, a banda gaditana visitou a academia de OT en Telecinco; o 15 de xuño actuará na madrileña Praza da Cibeles nun gran concerto xunto a artistas como Nacha Pop; o 16 de xuño recibirá na Sala Colonial de Madrid un dobre Disco de Platino por descargas dixitais; o 17 de xuño volverá a OT para interpretar xunto a Natalia Jiménez (cantante da Quinta Estación ) o seu éxito "Cuando me vaya"... Ao mesmo tempo, esta canción permanece 27 semanas nos postos máis altos da lista de descargas dixitais cun Disco de Platino e outras tantas na de tons orixinais con outro Platino.