8/8/08

Thalia: a sensual mexicana ten novo éxito

Dende México e con amor chéganos un repertorio de cancións bendecido pola luz da lúa que se torna nunha "Lunada". Así decidiu THALIA denominar o seu novo traballo discográfico que editou este verán. Como primeiro single "Ten paciencia" un bo título para acompañar o retraso que se produciu nesta edición. O caso é que xa está nas tendas!! Anímate e goza de once composicións que non teñen desperdicio.