24/2/09

BSO de Oscar - Slumdog Millionaire

A gran triunfadora desta edición dos Oscar 2009 foi a película británica rodada íntegramente na India "Slumdog Millionaire". Entre os oito premios que acadou, e como non podía ser menos, tamén foi galardoada co premio á "Mellor Banda Sonora".

O seu compositor, o hindu A. R.Rahman, quixo mesturar "a India moderna coa vella India" para introducirnos nesta historia que nos leva aos suburbios de Mumbai. Esta banda sonora é un conxunto de ritmos co estilo disco dos anos setenta e cun inconfundible toque hindú.

Tamén o tema Jai Ho, pertencente á banda sonora do filme, levou o Oscar á "Mellor canción orixinal" . A continuación, podes escoitar unha pincelada deste tema:

19/2/09

Macaco - Música con mensaxe


National Geographic Channel e o selo discográfico EMI uníronse a través da música para convidarnos a actuar pola conservación do noso planeta.

A mensaxe en favor da natureza, chéganos a través do video para a canción "Moving". Macaco preséntanos así o que vai ser o primeiro single para o seu novo álbum: Puerto Presente.

Trátase do quinto álbum da banda multicultural de Barcelona e neste novo videoclip participan coñecidos artistas do cine e a música como Javier Bardem, Rosario Flores, Javier Cámara, Juanes, Juan Luis Guerra, Carlinhos Brown, Orishas, Antonio Carmona, Pitingo, Mari (a do grupo Chambao) e Bebe.

Non é a primeira vez que Macaco trata de concienciarnos coa súa música para a preservación dos nosos recursos naturais e o coidado do planeta, e así lembramos tamén o seu tema “Madre Tierra”. A música non é só un conxunto de notas e a de Macaco é sen dúbida música con mensaxe!

***

3/2/09

As mellores cancións de Josh Groban a punto de caramelo!

"A Collection" é unha selección dos mellores temas de Josh Groban e sae á venda hoxe mesmo!

Con máis de 25 millóns de copias vendidas en todo o mundo o barítono converteuse nun fenómeno mundial.

Neste dobre CD inclúense os sinxelos "To You Are" do seu álbum debut publicado en 2001, "You Raise Me Up" do álbum Closer de 2003, "February Song" e "You Are Loved (don ' t Give Up)" de Awake editado en 2006 así como dous temas en directo non editados anteriormente e cinco dos temas do álbum que editou no nadal de 2007 "Noel" co que conseguiu o record de vendas dese ano en USA.