11/9/08

Rosario nos Grammy Latinos

Nunha rolda de prensa celebrada na cidade norteamericana de Os Ánxeles acábase de coñecer que entre as nominacions finais da 9ª edición para os Latin Grammy Awards está a cantante española Rosario. Co seu último disco “Parte de mí” conseguiu ser nominada na categoría a Mellor Álbum Vocal de Pop Feminino competindo cos traballos doutras artistas entre as que se atopan Ana Gabriel ou Alejandra Guzmán, entre outras.

A Gala de entrega destes premios GRAMMY Latino terá lugar o próximo 13 de novembro no Toyota Center da cidade de Houston. Alí coñeceránse os gañadores das diferentes categorías destes premios da música.

***

No hay comentarios: