29/4/08

Visitamos á tenda de discos

Hoxe é o día perfecto para darse unha volta pola tenda de discos. Ademais do xa comentado disco de Madonna - "Hard Candy" , saen ó mercado álbumes para tódolos gustos:

*Maná preséntanos o seu novo traballo "Arde el cielo" co single "Si no te hubieras ido". Os mexicanos demostran unha vez máis o seu estilo á hora de facer música.

*David Civera achéganos un pouco máis ó verán coa rumba que nos ofrece en "Para vivir contigo", dándolle título a este primeiro single e ó mesmo tempo ó seu sétimo traballo discográfico.

*Rosario recupera as cancións que marcaron a súa vida en "Parte de mi". A artista dalle ó bolero "Algo contigo" o seu toque flamenco.

Tamén podes descubrir (ou recuperar da memoria) ...
*Un quinteto londiniense que leva por nome The feeling. No seu segundo disco, Join with us ofrécennos como primeiro single o tema "I Thought It Was Over"

*O particular son de Sarah McLachlan no seu traballo "Rarities, B-Sides and Other Stuff" (Volume 2), no que entre outras cousas se inlúen duetos con Cindy Lauper, Bryan Adams ou un remix con DJ Tiësto.

No hay comentarios: