16/1/09

Bruce Springsteen. Moi pronto novo álbum!

Working on a dream (Traballando nun soño) é o álbum de 2009 de Bruce Springsteen. O tema que achega o título ao disco estreouse en directo durante a campaña pola presidencia de Estados Unidos de Barack Obama a finais de 2008. É o sinxelo presentación. Gravado coa E Street Band, inclúe 12 cancións novas ademais de 1 bonus track.
Este álbum tan esperado polos/as fans do cantante de New Jersey sairá á venda o próximo 27 de xaneiro.

8/1/09

Amaia Montero bate récords

Desde que se publicou o seu primeiro álbum en solitario hai seis semanas, Amaia Montero vive momentos doces. Tras entrar directamente ao nº1, permanece entre os tres primeiros da lista dos máis vendidos en España e está a piques de conseguir o dobre Disco de Platino. Nas descargas de cancións e tons orixinais tamén alcanzou o Platino coa canción "Quiero ser", que ademais bateu todas as marcas de permanencia no nº1 nas listas de radio (13 semanas), televisión e vídeo. Un debut de éxito contundente que Amaia Montero quere trasladar a América, onde viaxará do 25 de xaneiro ao 15 de febreiro para apoiar o lanzamento do seu álbum en Estados Unidos e México.

19/12/08

"La Vida" de Ainhoa Arteta



Este luns 22 de decembro, a soprano Ainhoa Arteta recibirá o Disco de Ouro no concello de San Sebastian polas vendas do seu último traballo “La Vida”.

A cantante lírica, amósanos con este traballo unha nova faceta artística moito mais próxima ó pop, versionando temas coma “Tears in heaven” de Eric Clapton, “La Vida” de Silvio Rodríguez (que lle da título ao album), “Michelle” dos Beatles ou o clásico do cantante belga Jacques Brel “Ne me quitte pas”. Neste traballo tamén podemos atopar o “Love me tender” de Elvis Presley, ou outro clasico coma “Fly me to the moon” (versionado anteriormente por Frank Sinatra ou Ella Fitzgerald), entre outras.

De forma simultanea coa promoción de “La Vida”, Ainhoa Arteta levou a cabo un calendario cheo das actuacions líricas e concertos de ópera habituais.
---

16/12/08

Disco de Ouro para Luis Fonsi



Luis Fonsi recibe o Disco de Ouro en España tras superar as 40.000 copias do seu disco "Palabras del Silencio".

"No me doy por vencido" é o primeiro sinxelo deste disco que leva máis de 3 meses de número 1 na lista de radio latina do Billboard. En España, esta balada, mantense no nº 5 na lista de radio e recibiu dous certificados de platino dixital polas descargas obtidas de cancións e tonos.

O artista portorriqueño está planeando a súa xira por España para o próximo mes de maio.

15/12/08

Pop-Rock-Alternativa en "Fracciones de Segundo"

Teremos que esperar algo máis que "Fracciones de Segundo" para poder gozar do cuarto álbum de Second; pero xa falta menos. O 27 de xaneiro de 2009 é a data escollida por José Angel e Jorge, os compoñentes de Second, para publicar o seu novo traballo. Como carta de presentación "Palabras".

5/12/08

Camila en concerto!


Xa están á venda as entradas para o concerto de CAMILA o próximo 13 de marzo de 2009 en Madrid (La Riviera).
O concerto significa a presentación do trío mexicano en Madrid co seu álbum "Todo Cambió", tras colgar o "Non hai entradas" en Barcelona e Valencia nas súas actuacións o pasado mes de outubro.

27/11/08

Linkin Park camiñan pola "Road to Revolution"

Durante a súa xira europea, esta banda norteamericana de rock alternativo fixo unha parada no camiño na cidade inglesa de Milton Keynes. Alí gravaron o pasado verán o concerto que agora nos presentan en formato DVD + CD con 18 dos seus temas en vivo e en directo baixo o nome "Road to Revolution".

O pack está fabricado con materiais reciclables e contén ademáis sorpresas para os fans de Linkin Park con diferentes contidos extras coma bonus tracks e pistas ocultas, ademáis dun libreto cheo de cor con fotografías inéditas da banda.

15/11/08

Novo disco para CRAIG DAVID

O próximo 25 de novembro edítase“Greatest Hits” de CRAIG DAVID en formato CD + DVD.

O CD inclúe os sinxelos“Fill Me In” e “7 Days”, as súas colaboracións “Rewind” (con Artful Dodger) e “Rise & Fall” (con Sting) así como 10 sinxelos maís que entraron no Top 5. Además os fans poderán escoitar tres novos temas ‘Insomnia’, ‘Where’s Your Love’ e `Just Your Imagination’.

O primeiro sinxelo deste recopilatorio é “Walking Away” a dúo con Alex Ubago.

25/10/08

Calle 13 convídante!

En novembro poderás velos en directo en Madrid! Adiántate ao acontecemento e non te quedes sen entradas!

30/9/08

Novo album dos finlandeses "The Rasmus"


Os finlandeses The Rasmus sacan á venda o que será o seu sétimo álbum no mercado: Black roses. Este ramo de Rosas negras esta formado por un total de 11 novos temas.

Grabado entre Helsinki e Nashville, o novo disco empezou a tomar forma nalgunha parte das illas gregas. Agora o grupo preséntanos o seu primeiro single "Living in the world without you", sempre con ese son enérxico que os caracteriza.

***