Hoxe é o día perfecto para darse unha volta pola tenda de discos. Ademais do xa comentado disco de
Madonna - "Hard Candy" , saen ó mercado álbumes para tódolos gustos:
*
Maná preséntanos o seu novo traballo
"Arde el cielo" co single
"Si no te hubieras ido". Os mexicanos demostran unha vez máis o seu estilo á hora de facer música.
*
David Civera achéganos un pouco máis ó verán coa rumba que nos ofrece en
"Para vivir contigo", dándolle título a este primeiro single e ó mesmo tempo ó seu sétimo traballo discográfico.
*
Rosario recupera as cancións que marcaron a súa vida en
"Parte de mi". A artista dalle ó bolero
"Algo contigo" o seu toque flamenco.
Tamén podes descubrir (ou recuperar da memoria) ...
*Un quinteto londiniense que leva por nome
The feeling. No seu segundo disco,
Join with us ofrécennos como primeiro single o tema
"I Thought It Was Over"*O particular son de Sarah McLachlan no seu traballo
"Rarities, B-Sides and Other Stuff" (Volume 2), no que entre outras cousas se inlúen duetos con Cindy Lauper, Bryan Adams ou un remix con DJ Tiësto.